O Concello de Nigrán estreou o 29 de febreiro un Consello Municipal da Infancia renovado tras elixir o alumnado dos centros educativos do municipio a cadanseu voceiro para os vindeiros dous anos. A concelleira de Educación, Estela Pérez Pérez, xunto á concelleira de Igualdade, Patricia Diego, e o alcalde de Nigrán, Juan González, deron a benvida no Salón de Plenos as novas nenas, nenos e adolescentes que se sumarán ao grupo (14 en total dos que repiten 2).
Este primeiro encontro servíu para que se coñecesen entre eles e explicarlles polo míudo o seu traballo, que se visibilizará moi próximamente no pleno infantil anual. As reunións do Consello terán lugar cada 15 días e terán como obxectivo que a xente nova do Concello poida participar activamente na vida pública, ofrecendo a súas visións, inquedanzas e propostas ao goberno local para que as cuestións que lles afectan, respondan as súas verdadeiras necesidades e facendo cumplir deste xeito o seu dereito a ser escoitados e tidos en conta.