O Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán
acudíu un ano máis ao Parlamento Galego no marco do XII Foro de
Participación Infantil que lidera Unicef e que reuníu a rapazada de
toda a Comunidade. Unha representación do Concello composta por unha
decena de nenos e nenas voluntarios estivo en Santiago acompañada
polo alcalde, Juan González, e as concelleiras/os de Educación,
Igualdade, Servizos Sociais e
Cultura,
Estela Pérez, Patricia Diego, Bibiana Peixoto e
Roberto Garrido.
Este ano, Unicef pon o foco da súa campaña polo 20-N , Día Mundial
da Infancia, no dereito á participación infantil e adolescente, e
por iso os representantes de Nigrán adicaron o discurso a este tema,
apelando a responsabilidade política neste asunto.
“A
participación tamén debe ser amigable. Referímonos a que os espazos
das reunións deben estar adaptados a nós, os representantes
políticos teñen que ir a estes espazos de vez en cando, o formato
das reunións deben axustarse as nosas idades, aos nosos horarios e a
linguaxe ten que ser comprensible. A participación é amigable nos
vosos concellos?”, preguntou no Parlamento Galit Mroz, alumna do
CEIP Carlos Casares e representante do Consello que actuou como
voceira. Asimesmo, Galit recordou aos asistentes que a participación
debe ser sempre voluntaria e, polo tanto, non obrigatoria, e debe ser
respetuosa no sentido de “poder expresar libremente as opinións”.
VIDEO