xoves, 29 de febreiro de 2024
RENOVACIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA DE NIGRÁN
xoves, 30 de novembro de 2023
XI Foro Infantil Unicef - PARLAMENTO DE GALICIA
Un grupo de representantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán acudíu un ano máis ao Parlamento Galego no marco do XI Foro de Participación Infantil xunto a rapazada dunha ducia de municipios de toda a Comunidade.
No marco do Día Mundial da Infancia e da Convención dos Dereitos do Neno, a rapazada de Nigrán participou un ano máis no ‘XI Foro Infantil Unicef’ celebrado no Parlamento de Galicia. Nunha sesión plenaria protagonizada por representantes de Consellos de Participación Infantil e Xuvenil de 12 municipios de toda Galicia, a rapazada reflexionou sobre a protección e a prevención da violencia.
Por parte de Nigrán acudiron 9 nenos e nenas membros do Consellos de Participación Infantil e Xuvenil acompañados do rexedor e a edil de Educación, Estela Pérez, actuando Martín Rey (IES Val Miñor) como voceiro. El foi o encargado de expor as vivencias do 'III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente' celebrado o 18 e 19 de novembro na Residencia de Tempo Libre de Carballiño. Ali, coa axuda do ilustrador Leandro Lamas, realizaron un cuadro colaborativo co que agasallaron ao Parlamento.
luns, 20 de novembro de 2023
O CONCELLO DE NIGRÁN PARTICIPOU EN CARBALLIÑO NUN ENCONTRO GALEGO DE CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL E ADOLESCENTE
O Concello de Nigrán estivo presente a pasada fin de semana no Carballiño no 'III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente'. Estela Pérez, a nova edil de Educación, acudiu con 4 dos 14 representantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil de Nigrán, en concreto, con Carmen Vázquez Molares e Marcos Soto García (CEIP Humberto Juanes) e Martín Rey Álvarez e Cayetana Guede Bernárdez (IES Val Miñor) para participar en dúas xornadas de convivencia previas á celebración do 'Día Mundial da Infancia'.
Durante os dous días na Residencia de Ocio e Tempo Libre desta localidade ourensana elaboraron xunto a outros 50 nenos e nenas de toda Galicia o manifesto que lerán no Parlamento galego o día 28 de Novembro, encadrado na celebración do Día Mundial da Infancia do vindeiro luns 20. Ademais, participaron en actividades lúdicas e educativas entre as que destaca o obradoiro do ilustrador Leandro Lamas no que realizaron un cadro colaborativo no que plasma os dereitos máis importantes da infancia.
domingo, 4 de xuño de 2023
NIGRÁN NO CONSELLO AUTONÓMICO DE INFANCIA E ADOLESCENCIA
Xa está constituído o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, con 30 rapaces de diferentes Concellos de toda Galicia e Nigrán contará con voz propia nese Consello!
luns, 29 de maio de 2023
I PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE NIGRÁN.
Despois de tres anos de moito, moito traballo, foi aprobado por unanimidade do pleno o I PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE NIGRÁN. Trátase dun documento elaborado, sobre todo, grazas ao traballo e ao compromiso dos nenos e nenas de Nigrán a través dos seus representantes no Consello de Participación.
GRAZAS! 
I PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENIA
martes, 28 de marzo de 2023
SEGUNDO PLENO DA INFANCIA
O Concello de Nigrán acolleu este venres un pleno extraordinario dirixido polos nenos e nenas do municipio a través do Consello municipal de Participación Infantil e Xuvenil. Este foi o acto central da vila coincidindo co aniversario o domingo, 20 de novembro, do Día Mundial da Infancia, nunha semana na que, ademais, 10 membros do Consello acudiron ao Parlamento de Galicia acompañados polo alcalde e os concelleiros. de Educación, Igualdade e Servizos Sociais para participar tamén nunha sesión similar con representantes do concello de 11 concellos de toda a comunidade.
A vintena de nenos e nenas dos diferentes centros educativos da vila, expuxeron as súas inquedanzas ao alcalde, aos concelleiros de Educación e Servizos Sociais, á portavoz das Anpas e á cidadanía.
As peticións dos mozos centráronse na súa preocupación polo medio ambiente e a saúde mental. Neste sentido, propuxeron que nos centros educativos os baños estean sen identificación de xénero e que exista unha figura de coordinador de Benestar para previr o acoso escolar.
Así mesmo, incluíron peticións como unha maior flexibilidade á hora de conceder bolsas (no sentido de que se prioriza o esforzo e non só o resultado numérico da avaliación), límites drásticos ao consumo de auga por persoa, subas de impostos para os máis ricos ou promover espazos para a mocidade. e nenos.
mércores, 16 de novembro de 2022
A VOZ DOS NENOS E NENAS DE NIGRÁN NO PARLMENTO GALEGO
Onte, no Parlamento Galego, escoitouse a voz dos nenos e nenas de Nigrán, xunto a outros 11 concellos galegos. Non podemos estar máis orgullosos deste Consello de Participación da Infancia e Adolescencia de Nigrán. Temos que escoitar máis aos nenos e nenas, teñen moito que dicir e que aportar 
UXÍA FERNÁNDEZ, DE "XERACIÓN XA" DE NIGRÁN, PIDE NO CONGRESO QUE TODOS OS DEREITOS SEXAN ACCESIBLES
Baixo o paraugas de Unicef co programa «A infancia no Congreso», oito nenos e nenas de 12 a 17 anos expuxeron no hemiciclo do Congres...
-
O Concello de Nigrán estreou esta semana con ‘Graffiti e deseño de camisetas personalizadas ’ os campamentos creativos de verán escollidos ...
-
A ‘Xeración Xa!’ do Concello de Nigrán exerce por vez primeira de anfitrioa no ‘IV Consello Autonómico de Consellos Locais da Infancia...
-
Baixo o paraugas de Unicef co programa «A infancia no Congreso», oito nenos e nenas de 12 a 17 anos expuxeron no hemiciclo do Congres...




.jpg)
.jpg)











