A Mesa de Coordinación Interna de Nigrán volveu reunirse para poñer en común os avances na execución do Plan Municipal de Infancia e Adolescencia e continuar avanzando no compromiso do Concello coa mellora das políticas destinadas ás nenas, nenos e adolescentes do municipio.
Durante o encontro, as diferentes áreas municipais implicadas compartiron as actuacións desenvolvidas nos últimos meses, así como os avances acadados nas diferentes medidas recollidas no plan. Unha posta en común que permite coñecer o traballo que se está a realizar desde cada departamento e reforzar a coordinación para seguir avanzando de maneira conxunta.
A reunión tivo tamén como obxectivo recoller e compartir información, datos e evidencias sobre as actuacións realizadas, necesarios para cubrir o informe intermedio de seguimento que Nigrán debe presentar ante UNICEF España no marco do recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.
Deste xeito, as diferentes áreas achegaron os datos correspondentes ás iniciativas e programas desenvolvidos, permitindo facer unha fotografía global do traballo realizado e comprobar o grao de cumprimento das accións previstas no Plan Municipal.
A Mesa de Coordinación Interna continuará traballando no seguimento do plan e na recompilación dos datos necesarios para avaliar os avances realizados, sempre coa perspectiva de infancia como eixo fundamental e co obxectivo de seguir construíndo un Nigrán cada vez máis amigo da infancia.
.jpeg)





.jpeg)

.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





