xoves, 9 de xullo de 2026

XERACIÓN XA! CONVERTEUSE EN MONITORAS E MONITORES POR UN DÍA PARA COMPARTIR SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA NO CAMPAMENTO URBANO.

    As nenas, nenos e adolescentes de Xeración Xa! volveron demostrar a importancia da participación. Nesta ocasión, achegáronse ao campamento urbano do Concello para converterse en monitoras e monitores por un día e pasar unha xornada moi especial coas crianzas participantes.

    Durante a visita falaron sobre os Dereitos da infancia, explicándolles por que é importante coñecelos, defendelos e facer que se cumpran no día a día. Tamén aproveitaron para falarlles de Xeración Xa! como funciona este órgano municipal de participación infantil e xuvenil e porque é tan importante que as crianzas teñan voz e poidan opinar sobre as cousas que lles afectan.

    E, como non podía ser doutra maneira, a xornada tamén tivo moito xogo, diversión e risas.

Esta actividade serviu para que as propias integrantes do grupo puidesen experimentar de primeira man o que significa acompañar a outras crianzas, pero tamén para transmitirlles unha mensaxe fundamental: as nenas, nenos e adolescentes temos dereitos a ser escoitados e a participar na vida do noso municipio.

    Para nós é moi importante que ‘Xeración Xa!’ non sexa só un espazo no que as crianzas poidan dar a súa opinión, senón tamén unha ferramenta para compartir esa participación con outras nenas e nenos de Nigrán. Hoxe foron monitoras e monitores por un día, pero sobre todo foron referentes para outras crianzas, demostrando que a súa voz conta e que participar tamén é divertido”, destacan desde o Concello.

    Unha nova experiencia que demostra que Nigrán é un municipio no que a infancia ten voz, participa e tamén toma a palabra para falar dos seus propios dereitos. E, por suposto, sempre cun espazo reservado para xogar moito.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

A MESA DE COORDINACIÓN INTERNA DE NIGRÁN REÚNESE PARA POÑER EN COMÚN OS AVANCES DO PLAN MUNICIPAL

     A Mesa de Coordinación Interna de Nigrán volveu reunirse para poñer en común os avances na execución do Plan Municipal de Infancia e Ad...