As crianzas de Nigrán asumiron novamente o reto de deseñar os plans de ocio infantil nos que a creatividade fose a protagonista. Deste xeito, o noso órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ‘Xeración Xa!', apostou por plan que complementan aos campamentos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o Concello xunto aos clubes do municipio.
O resultado foi que este ano, durante o mes de xullo e de de luns a venres gratuítamente, o Concello ofreceu cinco opcións: ‘Iniciación ao xogo de rol’ en ‘Máis que xogos’ (Centro Comercial A Ramallosa); ‘Cerámica, Xoiaría e Manualidades’, con Nerea Vila en ‘Seres Espacio Creativo’, no Centro Comercial A Ramallosa); ‘Aventura Isleña’, con Tali en La isla de Tali; ‘Debuxando o Val Miñor’, con Coral Martínez en Academia de Cómic Val Miñor; e, finalmente, ‘Customización de roupa e obxectos’ con Dani Seek na Praza da Biblioteca).
“Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.




.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario